Mazaricos 2.0

Web 2.0 e Redes Socias dende Mazaricos


Deixar un comentario

En las calles de Shinjuku, Japón

Advertisements


Deixar un comentario

8 puntos a ter en conta cando se prepara unha campaña publicitaria

A hora de comezar calquera campaña de publicidade hai certos factores que debemos ter en conta, hai que ter os obxectivos da campaña claros: “Unha misión definida, cunha mensaxe clara para os clientes

Hai moitos medios para realizar estos tipos de campañas e as redes sociais están a pé de cañón neste tema. Por exemplo, Facebook, relacionarse cos amigos do facebook é algo tan cotidiano que xa resulta natural, pero ademáis dos nosos amigotes e amigotas, tamén nos estamos acostumando a usalo facebook coma un escaparate comercial de todo tipo de cousas, por iso, as páxinas de facebook se están a transformar na parte integral de case toda estratexia de publicidade.
Pero o marketing online, ou e-marketing, ó fin e ó cabo basease nos mesmo principios que calquera outra ferramenta de publicidade e o principal e estimular a necesidade de mercar nun público en concreto.

Da boa planificación (xunto coa realización evidentemente) vai a depender o éxito da campaña, así que hai certos campos que se deben estudiar con calma.

·Obxectivo da campaña: cómo e qué é o que pretendes obter?
·Audiencia a impactar: a quén queres chegar?
·Proposta de valor: participar en diferentes eventos importantes para promocionarte.
·Mensaxe a transmitir: o que pretende dicir a túa campaña para estimular as ventas: consumo “x” por que son mellor así (por exemplo)
·Canal de comunicación: os medios masivos prensa, tv, web, material publicitario e eventos
·Presuposto: non olvides o capital do que dispós.
·Diferenciación estratéxica: Demostra que o teu producto ou servizo é único.
·Distribución: que o teu producto chegue ó máximo número de lugares posibles (e rentables).


Deixar un comentario

Páxinas de Facebook efectivas? Cómo?

Facebook, ese gran titán da rede con máis de 500 millóns de usuarios que pasan máis de 700.000 millóns de minutos conectados. Convertiuse nun canal de infiltración por parte das empresas no teu cerebro, unha forma de marketing online preparada e predisposta a participar e interactuar cos clientes! Pero, conseguir que funcione non é cousa dun día para outro, as ordas de fans non aparecen por arte de maxia, así que,  aparte de utilizar un nome adecuado para a páxina e utilizar unha imaxe de perfil amplia…por qué non buscar algúns consellos sobre cómo conseguilo? Small Business Computing axúdanos con iso.

1. Primeiro procura non saturarte con centos de redes as que acabarás por atender de xeito precario.
2. Promociona a túa páxina de facebook en todos os canles de comunicación para que os clientes sepan sobre ela (e lembra o esencial botón “me gusta” para que automáticamente se engada ó perfil dos clientes potenciais e se continúe ampliando a rede)
3. Debes establecer directrices paras as túas publicacións: o que é ou non apropiado, o que pode resultar máis atractivo, o que pode proporcionarche unha mellor imaxe, etc., é dicir, pensa no que lle gusta ao teu público.
4. Estudia e investiga cando son os mellores días e horas para que as publicacións teñan máis audiencia e procura engadir imaxes e vídeos, o visual sempre chama máis a facer clic que un párrafo xigante (por interesante que poida ser a información).
5. Non fales de ti mesmo, fala dos clientes, ofrece contidos interesantes, útiles, atentos e pídelle opinión aos seguidores, quererán compartilo cos seus amigos.
6. “Novedá! Novedá!” Sé divertido, convincente e fala das novas! é probable que os usuarios digan “me gusta”
7. Sé honesto e humano, será fácil medrar se os teus consumidores confían en ti.
8. Non bombardees con actualizacións a diestro e siniestro!, unha cousa e atraer e outra spamear, pero, procura actualizar un par de veces ao día.
9. Para que che resulte máis sinxelo mantelo todo ordenado e actualizado, no caso de ter varias redes sociais, utiliza algunha ferramenta na que poidas manexalos a un tempo, como exemplo podes probar Ping.fm (seesmic) ou Hootsuite.
10. Usa as: Palabras máxicas!, ou clave se volvemos a realidade. Ten en conta que as contas de Facebook están indexadas con motores de búsqeuda, polo que as palabras clave axudaránnos a ter máis posibilidades de que os usuarios se atopen con nos buscando cousas relacionadas.
E finalmente non olvides nunca que todos os teus contidos deben ser de calidade.


Deixar un comentario

Aquí está: Gamisfaction

O servicio Gamisfaction, foi creado por Luis Díaz del Dedo e José Vicente Sogorb. Para o traballo de Community Manager facilita o traballo ademáis de axudar ao crecemento da túa comunidade e o acercamento aos vosos seguidores. Axúdanos a interactuar dun xeito moi sinxelo e intuitivo cos usuarios, aumentado a sensación de comunidade, crea interacción e #FF de forma automática baseándose no seu algoritmo de Social Media, e axúdache a conseguir puntos e entrar en certos rankings dependendo da túa presencia nas redes sociais e o teu manexo cos demáis usuarios.
Veremos ao rexistrarnos que xera un ranking de seguidores para cada usuario, nel aparecen as persoas que interactuaron contigo ordenadas en base aos puntos que teña, calculado a partir das mencións, retweets e #FF, con esto facilmente saberás quen se interesa polo teu contido, e gracias cousas coma ós logros indican o teu status na rede.


A aceptación de Gamisfaction foi tal que o vran pasado, a aceleradora de proxectos de Telefónica, Wayra, premiounos chunha financiación e soporte total para os seus proxectos.
E a verdade meréceno xa que esta aplicación que se basea en mecánicas de xogo resulta moi atractiva polo súa pouca coplexidade e por suposto por todo o tempo que nos aforra axudándonos co noso traballo.

Deixovos aquí un vídeo de como funciona e outro da presentación de Gamisfaction en Barcelona.


Deixar un comentario

Monitorear con Clicky

O monitoreo da nosa actividade na web é unha actividade fundamental para os nosos negocios. O coñecer cómo responde o público as nosas propostas permítenos
re-adecuar as nosas estratexias e orientar de xeito máis productivo a nosa actividade.
Como xa sabemos hai un gran número de ferramentas para facer o dito seguimento, hoxe presentaremos unha un pouco diferente: Clicky

Polo xeral as ferramentas de seguimento de estadísticas mostran datos coma a cantidade de visitas na nosa web, a orixe destas, páxinas visitadas, etc; pero,  as dúas principais ventaxas de Clicky son as medicións en tempo real e que podemos profundizar nestos datos (podendo ver de onde procede cada visita,  tempo que permanecen na páxina os visitantes, que navegadores utilizaron, etc.)

E o mellor xeito de que sepades se vos resultaría útil ou non, e citarvos algunha das súas características, que son:

·Un servicio que funciona en tempo real (aínda que tamén ten un rexistro histórico para consultar un período concreto), dándonos estadísticas no mesmo
momento no que se xeran, o que supón unha gran ventaxa para poder reaccionar rápidamente fronte os datos revelados.
·En cada rexistro de estadísticas podemos estudar o número concreto de visitas e a tendencia (que é unha comparación con respecto ao período
anterior), e amosaranos en verde as ascendentes e en vermello as descendentes.
·Podemos enfocarnos únicamente nas visitas de certa procedencia xeográfica, para saber, por exemplo, cantas personas dun determinado lugar chegan a nos.
·Tamén, segmentar resultados, estudiando cada visita individualmente.
·Pódense obter datos co menú espía (para o conxunto ou individualmente) coma as accións das visitas, o promedio de accións por visita, o tempo que permaneceron, o
promedio de tempo de visita, o Bounce rate (o rebote), clics, enlaces e búsquedas dos teus visitantes, etc.
·Ou estudiar os datos para facer comparacións: as diferencias de comportamento entre procedencias, tempos de período, etc.
·Crear campañas de seguimento.
·Dispón de buscador onde podemos filtrar resultados por diferentes criterios.
·Permite utilizar o código de seguimento tanto en sitios con páxinas estáticas (htm, html) coma sitios baixo WordPress ou Blogger.
·Ou tamén posibilidade de instalar o seguimento en dispositivos que non soportan Java Script.

Para utilizalo é preciso rexistrarse, ó crear a túa conta xa podes comezar a medir de xeito
inmediato o que está a pasar na túa páxina, pero, no caso das contas gratuítas só se pode incluir un páxina por conta e pode ter tamén algún pequeno fallo de medición
na xeolocalización, de todas formas aínda tendo algunhas limitacións a hora de configurar e de cruzar información é unha boa opción para comezar a usar unha
ferramenta de medición web, ou, para complementar a aquelas que xa utilizas.

Descrubre máis sobre esto en: @getclicky , Blog(Clicky)


Deixar un comentario

Qué é unha infografía?

O termo infografía deriva do acrónimo de “información+grafía” (como seguro fuchedes capaces de imaxinar), é un termo persiodístico que ten coma obxectivo informar dun xeito máis visual e dinámico (a través de debuxos, gráficos, esquemas, estadísticas ou representacións), según decía Nigel Colmes  (un dos infografistas máis prestixiosos do mundo) unha infografía é “facer comprensibles os números, os procesos e os feitos” e dicir,  o linguaxe técnico e as situación complexas resultan moito máis fáciles de dixerir.

Películas, animacións, sons e aplicacións interactivas forman parte dunha nova xeración de gráficos que os profesionais deste sector denominan como infografía online ou multimedia, e cos avances no mundo audiovisual as infografías van deixando atrás o seu anterior ser estático, e pasan a comezar un segundo “boom” que se pode percibir coma o futuro do periodismo. Pouco a pouco aproxímase máis a outro tipo de linguaxe, máis televisivo, e, gracias a Internet, estase a desenrolar de modo alucinante.

Aínda que agora mesmo nos resulte un termo tan moderno, actual e en crecemento, a infografía foi considerada por moitos coma raíz das artes, por exemplo, as coñecidas pinturas rupestres de Chauvet (Francia) son consideradas coma as primeiras representacións infográficas debido a que resultaban moi explicativas sobre o acontecido naquel tempo. Tamén podemos engadir que Leonardo Da Vinci anotaba as súas ideas sobre as investigacións realizadas en forma de debuxos explicativos. Nicolás Copérnico fixo uso da infografía en 1543 cando desenrolou un gráfico no que mostraba o cambio do concepto tradicional do universo, e a raíz desta infografía comezou a desenrolarse a astronomía moderna. Incluso se considera que os planos, esquemas e mapas dos primeiros arquitectos e constructores os converten a estos nos primeiros infógrafos.

Utilízanse moitos e variados deseños e gráficos nas infografías, débese buscar aquel que consideremos máis dinámico e agradable, tendo en conta sobre qué informamos. Hai gráficos separados, gráficos integrados, radiais, ou en serie, así como se poden usar mapas, ilustracións, fotografías, gráficos estadísticos (de barras, de fiebre ou circular).

Sen dúbida, un dos mellores xeitos de explicar, ensinar, comunicar e aprender.


Deixar un comentario

No mundo das redes sociais unha das máis influintes sin duda é, o Twitter, para o cal, podemos atopar distintas aplicacións de monitorización gratuitas, aínda que non todas teñen a calidade ou a confianza necesaria para convertirse nunha das nosas ferramentas de uso habitual.

Moitas veces andamos na procura de quen actualizou a súa páxina, ou que actividade e en que porcentaxe da susodita dos nosos seguidores aparecemos, pero atópamonos con que moitas das aplicacións existentes non fan estos calculos en tempo real.

SocialBro foi idea dos españois Javier Burón, Luis Pablo Pardo e o cubano Alfredo Artiles, e desenrolada pola empresa Equipo24; é unha das novas aplicacións para twitter, sinxela de uso (na mesma páxina nos explica como comezar a utilizalo), e conta con:
Insights, discover, nube de tags, lista de amigos, unfollows recentes, spammers potenciais, seguidores inactivos, amigos con influencia e sin influencia.
É unha ferramenta sinxela que se pode ou ben engadir como unha aplicación máis a Chrome, ou descargala para escritorio (sendo válido para calquera sistema operativo).As súas estadísticas calcúlanse en tempo real, tendo así os usuarios números confiables con respecto á cantidade de tweets que reciben, ou da actividade dos nosos seguidores, e ao contar, ademáis, con diversos permisos da páxina oficial resulta tamén máis atractiva.

Aquí vos deixo o vídeo de presentación, e o resto, é a vosa elección.