Mazaricos 2.0

Web 2.0 e Redes Socias dende Mazaricos

Páxinas de Facebook efectivas? Cómo?

Deixar un comentario

Facebook, ese gran titán da rede con máis de 500 millóns de usuarios que pasan máis de 700.000 millóns de minutos conectados. Convertiuse nun canal de infiltración por parte das empresas no teu cerebro, unha forma de marketing online preparada e predisposta a participar e interactuar cos clientes! Pero, conseguir que funcione non é cousa dun día para outro, as ordas de fans non aparecen por arte de maxia, así que,  aparte de utilizar un nome adecuado para a páxina e utilizar unha imaxe de perfil amplia…por qué non buscar algúns consellos sobre cómo conseguilo? Small Business Computing axúdanos con iso.

1. Primeiro procura non saturarte con centos de redes as que acabarás por atender de xeito precario.
2. Promociona a túa páxina de facebook en todos os canles de comunicación para que os clientes sepan sobre ela (e lembra o esencial botón “me gusta” para que automáticamente se engada ó perfil dos clientes potenciais e se continúe ampliando a rede)
3. Debes establecer directrices paras as túas publicacións: o que é ou non apropiado, o que pode resultar máis atractivo, o que pode proporcionarche unha mellor imaxe, etc., é dicir, pensa no que lle gusta ao teu público.
4. Estudia e investiga cando son os mellores días e horas para que as publicacións teñan máis audiencia e procura engadir imaxes e vídeos, o visual sempre chama máis a facer clic que un párrafo xigante (por interesante que poida ser a información).
5. Non fales de ti mesmo, fala dos clientes, ofrece contidos interesantes, útiles, atentos e pídelle opinión aos seguidores, quererán compartilo cos seus amigos.
6. “Novedá! Novedá!” Sé divertido, convincente e fala das novas! é probable que os usuarios digan “me gusta”
7. Sé honesto e humano, será fácil medrar se os teus consumidores confían en ti.
8. Non bombardees con actualizacións a diestro e siniestro!, unha cousa e atraer e outra spamear, pero, procura actualizar un par de veces ao día.
9. Para que che resulte máis sinxelo mantelo todo ordenado e actualizado, no caso de ter varias redes sociais, utiliza algunha ferramenta na que poidas manexalos a un tempo, como exemplo podes probar Ping.fm (seesmic) ou Hootsuite.
10. Usa as: Palabras máxicas!, ou clave se volvemos a realidade. Ten en conta que as contas de Facebook están indexadas con motores de búsqeuda, polo que as palabras clave axudaránnos a ter máis posibilidades de que os usuarios se atopen con nos buscando cousas relacionadas.
E finalmente non olvides nunca que todos os teus contidos deben ser de calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s