Mazaricos 2.0

Web 2.0 e Redes Socias dende Mazaricos

Monitorear con Clicky

Deixar un comentario

O monitoreo da nosa actividade na web é unha actividade fundamental para os nosos negocios. O coñecer cómo responde o público as nosas propostas permítenos
re-adecuar as nosas estratexias e orientar de xeito máis productivo a nosa actividade.
Como xa sabemos hai un gran número de ferramentas para facer o dito seguimento, hoxe presentaremos unha un pouco diferente: Clicky

Polo xeral as ferramentas de seguimento de estadísticas mostran datos coma a cantidade de visitas na nosa web, a orixe destas, páxinas visitadas, etc; pero,  as dúas principais ventaxas de Clicky son as medicións en tempo real e que podemos profundizar nestos datos (podendo ver de onde procede cada visita,  tempo que permanecen na páxina os visitantes, que navegadores utilizaron, etc.)

E o mellor xeito de que sepades se vos resultaría útil ou non, e citarvos algunha das súas características, que son:

·Un servicio que funciona en tempo real (aínda que tamén ten un rexistro histórico para consultar un período concreto), dándonos estadísticas no mesmo
momento no que se xeran, o que supón unha gran ventaxa para poder reaccionar rápidamente fronte os datos revelados.
·En cada rexistro de estadísticas podemos estudar o número concreto de visitas e a tendencia (que é unha comparación con respecto ao período
anterior), e amosaranos en verde as ascendentes e en vermello as descendentes.
·Podemos enfocarnos únicamente nas visitas de certa procedencia xeográfica, para saber, por exemplo, cantas personas dun determinado lugar chegan a nos.
·Tamén, segmentar resultados, estudiando cada visita individualmente.
·Pódense obter datos co menú espía (para o conxunto ou individualmente) coma as accións das visitas, o promedio de accións por visita, o tempo que permaneceron, o
promedio de tempo de visita, o Bounce rate (o rebote), clics, enlaces e búsquedas dos teus visitantes, etc.
·Ou estudiar os datos para facer comparacións: as diferencias de comportamento entre procedencias, tempos de período, etc.
·Crear campañas de seguimento.
·Dispón de buscador onde podemos filtrar resultados por diferentes criterios.
·Permite utilizar o código de seguimento tanto en sitios con páxinas estáticas (htm, html) coma sitios baixo WordPress ou Blogger.
·Ou tamén posibilidade de instalar o seguimento en dispositivos que non soportan Java Script.

Para utilizalo é preciso rexistrarse, ó crear a túa conta xa podes comezar a medir de xeito
inmediato o que está a pasar na túa páxina, pero, no caso das contas gratuítas só se pode incluir un páxina por conta e pode ter tamén algún pequeno fallo de medición
na xeolocalización, de todas formas aínda tendo algunhas limitacións a hora de configurar e de cruzar información é unha boa opción para comezar a usar unha
ferramenta de medición web, ou, para complementar a aquelas que xa utilizas.

Descrubre máis sobre esto en: @getclicky , Blog(Clicky)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s