Mazaricos 2.0

Web 2.0 e Redes Socias dende Mazaricos

Qué é unha infografía?

Deixar un comentario

O termo infografía deriva do acrónimo de “información+grafía” (como seguro fuchedes capaces de imaxinar), é un termo persiodístico que ten coma obxectivo informar dun xeito máis visual e dinámico (a través de debuxos, gráficos, esquemas, estadísticas ou representacións), según decía Nigel Colmes  (un dos infografistas máis prestixiosos do mundo) unha infografía é “facer comprensibles os números, os procesos e os feitos” e dicir,  o linguaxe técnico e as situación complexas resultan moito máis fáciles de dixerir.

Películas, animacións, sons e aplicacións interactivas forman parte dunha nova xeración de gráficos que os profesionais deste sector denominan como infografía online ou multimedia, e cos avances no mundo audiovisual as infografías van deixando atrás o seu anterior ser estático, e pasan a comezar un segundo “boom” que se pode percibir coma o futuro do periodismo. Pouco a pouco aproxímase máis a outro tipo de linguaxe, máis televisivo, e, gracias a Internet, estase a desenrolar de modo alucinante.

Aínda que agora mesmo nos resulte un termo tan moderno, actual e en crecemento, a infografía foi considerada por moitos coma raíz das artes, por exemplo, as coñecidas pinturas rupestres de Chauvet (Francia) son consideradas coma as primeiras representacións infográficas debido a que resultaban moi explicativas sobre o acontecido naquel tempo. Tamén podemos engadir que Leonardo Da Vinci anotaba as súas ideas sobre as investigacións realizadas en forma de debuxos explicativos. Nicolás Copérnico fixo uso da infografía en 1543 cando desenrolou un gráfico no que mostraba o cambio do concepto tradicional do universo, e a raíz desta infografía comezou a desenrolarse a astronomía moderna. Incluso se considera que os planos, esquemas e mapas dos primeiros arquitectos e constructores os converten a estos nos primeiros infógrafos.

Utilízanse moitos e variados deseños e gráficos nas infografías, débese buscar aquel que consideremos máis dinámico e agradable, tendo en conta sobre qué informamos. Hai gráficos separados, gráficos integrados, radiais, ou en serie, así como se poden usar mapas, ilustracións, fotografías, gráficos estadísticos (de barras, de fiebre ou circular).

Sen dúbida, un dos mellores xeitos de explicar, ensinar, comunicar e aprender.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s